xoves, outubro 10, 2024

Asinamos o convenio para a subvención nominativa do noso comedor



Esta mañá asinamos no Concello de Fene, xunto con outras entidades, o convenio para a subvención nominativa que recibe todos os anos o noso comedor escolar para que poida seguir funcionando. Son agora un total de 3000 euros que permiten que poidamos seguir xestionando este servizo tan necesario para o noso cole.

Grazas de novo ao Concello de Fene e grazas á nosa compañeira da xunta directiva, Jessi, que puido achegarse ao acto da sinatura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario