A ANPA convoca a todas as familias do alumnado do CEIP Plurilingüe Centieiras á súa Asemblea Xeral Ordinaria anual, que terá lugar o MARTES 01/10/2024, ás 16h en primeira convocatoria e ás 16.15h en segunda convocatoria, no recibidor da escola, coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
2. Estado de contas e balance do curso 2023/2024
3. Proposta e aprobación, se procede, de renovación da Xunta Directiva
4. Previsión de actividades e xestións para o curso 2024/2025
5. Dación de contas dos requirimentos das familias na última asemblea xeral (porteiro automático porta traseira, traspaso á Xunta da xestión do comedor, cambio de conta bancaria)
6. Rogos e preguntas
Ningún comentario:
Publicar un comentario