PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O CURSO 2025-2026
A continuación, xuntamos o cadro de actividades extraescolares que desde a ANPA podemos ofertar para o presente curso.
Só se impartirán aquelas que acaden o número mínimo de alumnado.
Comezarían en outubro e rematarían en maio.
Para apuntarse tedes que enviar un correo electrónico ou un whatsapp á ANPA especificando o nome da nena ou neno e o curso. No caso de tenis, concretar se sería un día (martes ou xoves) ou dous á semana.
anpa.centieiras@gmail.com
623009449
🚨🚨🚨O prazo para apuntarse é ata o 19 de setembro. 🚨🚨🚨
Animádevos!!
ACTIVIDADE | CURSOS | HORARIO | IMPARTE | ALUMNADO MÍNIMO E MÁXIMO | PREZO/MES (NON SOCIOS +5€) |
Tenis (1) | De 4ª EI en diante | Martes e/ou Xoves de 16:00 a 17:00h | Escola de Tenis “Justo al Revés” | Mínimo: 6 Máximo: 12 | 18 € 1 día/semana 23 € 2 días/semana |
Pickleball (2) | De 4º EI en diante | Luns de 16:00 a 17:30h | Escola de Tenis “Justo al Revés” | Mínimo:6 Máximo:12 | 15 € |
Predeporte (3) | De 4º EI en diante | Mércores de 16:00 a 17:00h | Gazapo | Mínimo: 6 Máximo: 12 | 25 € |
Creatividade (4) | De 4º EI en diante | Xoves de 16:00 a 17:00h | Gazapo | Mínimo: 6 Máximo: 12 | 25 € |
Cociña (5) | De 6ºEI en diante | Mércores de 16:00 a 17:00h | Gazapo | Mínimo: 6 Máximo: 12 | 30 € |
Robótica/STEAM (6) | De 6º EI en diante | Luns de 16:00 a 17:00h | Gazapo | Mínimo: 6 Máximo: 12 | 25 € |
(1) Tenis: o deporte de moda en Fene, non precisa explicación.
(2) Pickleball: combina elementos do tenis, pádel, bádminton e tenis de mesa.
(3) Predeporte: xogos deportivos para que os máis pequenos e pequenas o pasen ben movendo o corpo.
(4) Creatividade: Pintura, debuxo, experiencias e reciclaxe creativa. Xogos de rol.
(5) Cociña: Elaboración de libro de receitas, cociña real cada día.
(6)Robótica/STEAM: Sistemas de Lego, Makeblock e Microbit. Tamén aprenderemos a utilizar sistemas como scratch junior para iniciarnos na programación de escenas/contos interactivos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario