SERVIZO DE MADRUGADORES
PARA ENTRAR
Ao rematar o almorzo, os nenos e nenas lavarán os dentes.
- O prezo é por persoa e día.
- Persoas asociadas con almorzo: 3,20€ (2,80€ irmáns)
- Persoas asociadas sen almorzo: 2,90€ (2,50€ irmáns)
- Persoas non asociadas: 4,60€
- Pagarase mensualmente antes do día dez de cada mes vencido (agás o mes de xuño que se pagará antes do último día do mes), por transferencia bancaria ou ingreso en conta, e tras recibir un correo electrónico da ANPA no que se lles indicará o importe a pagar en cada mes. O número de conta é o ES23 0182 5988 5702 0158 7944 e a entidade bancaria é BBVA (Avenida Marqués de Figueroa 1, Fene). 
- As familias con poucos recursos económicos poden dirixirse aos Servizos Sociais do Concello de Fene para informarse das axudas existentes.
- Poden usar o servizo de comedor e madrugadores as alumnas e alumnos de Centieiras e tamén as persoas socias beneficiarias da ANPA. Enténdense como persoas beneficiarias aquelas menores que cursen educación primaria ou secundaria e que formen parte da unidade familiar asociada á ANPA.
A xestión das asistencias realízase a través dunha páxina web: www.comedorcenteiras.com
IMPORTANTE
As asistencias e cambios sobre as previsións vanse poder rexistrar ata as 8.15h do mesmo día. Despois dese tempo a ferramenta informática non permite a modificación. Cobraranse todos os servizos anotados e non se pode garantir o servizo para as persoas que non estean anotadas.
Para obter as credenciais de uso desta web hai que enviar un correo electrónico á ANPA, ao enderezo anpa.centieiras@gmail.com, especificando os seguintes datos:
- Nome completo e DNI do pai/nai/titor/titora
- Enderezo electrónico e teléfono de contacto
- Nome completo do/a neno/a ou dos/as nenos/as
- Curso
- Indicar se ten algunha alerxia alimentaria
Con isto, procederemos a facer a alta no sistema e enviaremos un correo electrónico coas credenciais. Despois, son as propias familias as que xestionan as anotacións dos días de asistencia ao servizo.
A continuación, deixamos un enlace de acceso á guía rápida de usuarios e, se tedes calquera dúbida, preguntade a calquera persoa da directiva da ANPA:
QUE HAI QUE LEVAR:
-Cepillo e pasta de dentes con nome
-Mandilón para peques de educación infantil (opcional)