mércores, 3 de xuño de 2026

Festa da Convivencia Centifest 2026


Pois aquí chega un ano máis a nosa Festa da Convivencia, á que por suposto estades convidadas todas as familias do alumnado de Centieiras con mamás, papás, tíos e tías, curmáns, irmás, avós, avoas e quen queira acudir. Este ano temos ademais música en directo coma se dun festival se tratase, así que recuperamos o nome de Centifest para esta ocasión. 

Contámosvos como está previsto que sexa o Centifest 2026!!

A partir das 14h do venres 19 de xuño todas as familias que vos animedes podedes vir comer ao recinto do colexio. Cadaquén terá que traer a súa comida e os seus útiles, pero a ANPA convida a auga, café e postres (pasteis e xeados). Ás 16 horas teremos un concerto de música en directo do grupo "Callos Gratis", formado polos músicos locais Cabe e Al Vila, que agardamos que sexa do agrado de peques e maiores. 

A continuación, ás 17 horas, dará comezo a tradicional festa da espuma na pista cuberta, con animación, música e moita troula. Lembrade traer bañadores, gafas de piscina e calzado axustado ao pé (non se recomendan chanclas).

Teremos un sorteo de agasallos con rifas que repartiremos durante as primeiras horas da tarde e, por suposto, se o tempo acompaña, teremos auga dispoñible para encher pistolas ou metralletas de auga.

O que non se pode facer:

- Por motivos hixiénicos e medioambientais non permitimos o uso de globos de auga.

- Para evitar inundacións non desexadas, non está permitido o uso dos baños para encher pistolas de auga (poremos barreños e unha mangueira a disposición dos pistoleiros e pistoleiras).

Agardamos que vos guste todo e que pasemos todos e todas unha xornada xenial para despedir este curso 2025-2026.

Ningún comentario:

Publicar un comentario