xoves, 19 de febreiro de 2026

Superfenesas de Centieiras pasámolo xenial no día das comparsas



Un ano máis a comparsa de Centieiras pasou polo escenario do Concello de Fene a expresar as súas inquedanzas, necesidades e ganas de pasalo ben en forma de cancións e bailes de Entroido e de festa rachada. 

Dende a ANPA non podemos máis que agradecervos ás 80 persoas que vos inscribistes este ano e que participastes con nós a pesar do frío, do vento e da choiva.

Deixámosvos un pequeno vídeo resumo e agardamos que o ano que vén volvades a animarvos e poidamos facer o desfile que tanto nos gusta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario