mércores, xuño 14, 2023

O luns 19 de xuño é o último día de comedor e hai menú especial!!



Posto que o martes 20 hai excursión de todo o colexio con comida incluída e o mércores 21 é a nosa festa da convivencia, o luns 19 será o último día de servizo de comedor deste curso. Como despedida haberá un menú especial que seguro que lles encanta aos comensais... Por suposto, ofreceranse as dietas necesarias para os nenos/as que teñan algunha alerxia alimentaria.

Pregamos ás familias que teñades os nenos/as apuntados/as a comedor os días 20 e 21 que os borredes na aplicación para que despois non haxa problemas á hora de facer as contas.

O servizo de madrugadores funcionará con normalidade ata o mércores 21 de xuño.


Ningún comentario:

Publicar un comentario