luns, abril 03, 2023

Camisetas do cole


Compartimos no blog da ANPA a información facilitada polo cole para facer as camisetas para os nosos nenos e nenas.

As persoas interesadas poden descargar o logotipo do colexio (nesta nova ou na da web do cole) e facelas en calquera imprenta sobre unha camiseta branca, ou ben encargalas na copistería Cofer, de Perlío, na que teñen xa o logotipo e as elaboran por un prezo de 11€.

A idea é utilizar as camisetas en excursións, competicións escolares e calquera ocasión na que haxa saídas de grupo.

Deixámosvos por aquí o logotipo e o enlace á nova na web do cole:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcentieiras/node/2634





Ningún comentario:

Publicar un comentario