Pois por fin chegou o día e Papá Noel puido achegarse ao noso cole e visitar a todos os nenos e as nenas. Houbo de todo: os que non querían sentarse nas pernas de Papá Noel, os que se achegaban timidamente e con moita emoción, as que lle deron o máis forte dos abrazos e ata as que quedaron sen palabras, pero o caso é que estivo con nós e puidemos volver a velo de preto. Ah! E repartiu tamén un pequeno agasallo a cada peque de parte da ANPA!
A de hoxe foi unha xornada festiva desde primeira hora, e a iso das 12 tomamos as uvas ou gusanitos todos/as xuntos/as na pista. Foi moi divertido! Despois, sorteamos a nosa cesta e a man inocente sacou o número 100, que o tiña nada máis e nada menos que a persoa que se encarga da limpeza do cole. Parabéns Yoli! Que goces moito dela!
E ata aquí o primeiro trimestre deste curso. Pasade moi boas festas e vémonos á volta!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario