xoves, marzo 24, 2022

Cambios nos menús de comedor polo paro de transportistas

Recibimos aviso da empresa que subministra os menús de comedor de que se ven obrigados a facer cambios nos menús ante a falta dalgúns produtos derivada do paro de transportistas.

Onte 23/03/2022 o menú foi:

  • Crema de cabaciña
  • Taquiños de porco gobernados con arroz
  • Iogur

Hoxe xoves 24/03/2022 teremos de menú:

  • Espirais o forno
  • Pescada á galega con patacas ao vapor
  • Froita

No referente ás dietas (menús especiais para alérxicos/as) seguirán os menús establecidos.


Outra modificación é en referencia á auga. As botellas de 1,5 litros serán substituídas por garrafas de 5 litros, posto que non lles subministran das pequenas actualmente.


Lamentamos as molestias ocasionadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario