O Concello de Fene informounos de que este ano vai haber desfile de comparsas presencial, con algunha medida sanitaria, pero de seguro igual de divertido. A falta de que se fagan públicas as bases oficiais, xa vos adiantamos que as principais diferenzas con anos anteriores serán que o percorrido será máis curto (chegando ao Concello pola Rúa da Fraga e non por Avenida Naturais), que comezará o desfile máis tarde (ás 19h) e que non haberá actuacións no escenario. Será, coma sempre, o mércores de cinza, que este ano cadra no día 2 de marzo (festividade local).
Desde a ANPA queremos animar a todas as familias a que se apunten á nosa comparsa, que estará relacionada coa temática marcada polo cole, é dicir, coa ciencia, e para a que xa temos preparados varios temas musicais con cancións de The Beatles, Europe e As Tanxugueiras.
Para optar aos premios maiores precisamos un mínimo de 15 persoas maiores de 16 anos, así que animádevos toda a familia e non só os/as peques. E lembrade que os cartos que academos se repartirán entre os nenos e nenas que participen. Mocidade de 6º! Sería unha grande axuda para a vosa excursión! Non a desaproveitedes!
As persoas que queirades participar tedes de prazo para apuntarvos ata o próximo luns 21 de febreiro, enviándonos un correo ou un whatsapp ao móbil da anpa e especificando nome e apelidos das persoas participantes, ano de nacemento e curso no caso do alumnado do cole.
Incluirémosvos nun grupo de whatsapp específico no que vos iremos pasando as cancións, os documentos a cubrir, información para ensaiar, propostas de disfraces, etc. (No caso de que non queirades que vos incluamos no grupo, comunicádenolo).
Non o perdades, pasarémolo xenial!!
Qué trabajo más bonito!!!
ResponderEliminarGracias