martes, decembro 21, 2021

Que teñades moi bo Nadal e moi feliz ano novo 2022

Hoxe foi un día intenso para as nosas nenas e nenos. As notas, o comezo das vacacións, as despedidas, e como non, un pequeno agasallo que deixaron o Apalpador e o Papá Noel que, por segundo ano, e por causa da pandemia, tiveron que vir de noite, cando o cole está pechado, para non provocar aglomeracións e xuntanzas que poideran ser perigosas. Pero iso si, coma o ano pasado, deixáronnos un vídeo para que as pequenas e pequenos puidesen ver a súa chegada a Centieiras. 

Desta volta trouxeron un boli-lanterna e uns doces de Nadal. Deixámosvos unhas fotiños e un enlace para que poidades ver o vídeo.

Vémonos á volta!

Pincha aquí para ver o vídeo da chegada de Papá Noel e do Apalpador.





Ningún comentario:

Publicar un comentario