Onte celebrouse a Asemblea Xeral Ordinaria da ANPA. Demos conta do balance de actuacións e económico do curso pasado, aprobamos a acta anterior e incorporamos dúas novas persoas á Xunta Directiva. Benvidas Silvia e Olaia e moitas grazas!! Tamén demos conta da baixa de Héctor, ao que tamén agradecemos a axuda prestada no tempo que formou parte do equipo.
O resumo contable está a disposición de calquera persoa asociada que queira velo, poñéndose en contacto con nós polas vías habituais. Agardamos que no presente curso poidamos facer máis cousas ca no anterior, aínda que sempre coa prudencia que require a situación sanitaria.
Moitas grazas ás persoas que acudiron e animamos a todas as demais a que participen con nós en todo o que poidan. Tedes toda a información do que facemos e quenes somos aquí: http://ceipcentieirasanpa.blogspot.com/p/quen-somos.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario