A ANPA oferta para o presente curso as seguintes actividades extraescolares, que só se poderán impartir se alcanzan o número mínimo de alumnado precisado en cada caso. Se se superase o máximo, proporíase a división por grupos aumentando unha hora posterior no mesmo día (de 17 a 18h).
As persoas interesadas tedes que enviarnos un correo electrónico ou un whatsapp desde hoxe e ata o 24 de setembro, indicando o nome do neno/a, curso, actividade á que se quere apuntar e horario que máis lle interesa dos ofrecidos (no caso de tenis, inglés e obradoiro de arte).
Agardamos que sexan do voso agrado!!
De todos xeitos, sabedes que podedes facernos calquera suxerencia sempre e a teremos en conta para o vindeiro curso.
E-makers
Esta proposta xira arredor da tecnoloxía. Leva instaurada como actividade extraescolar no noso centro desde hai varios anos con notable éxito. O obxectivo é potenciar a creación a través das principais tecnoloxías do momento, cunha metodoloxía propia, eficaz e adaptada aos últimos adiantos tecnolóxicos, capaz de adaptarse ás diferentes capacidades do alumnado. Contan cun amplo abano de Kits tecnolóxicos e coñecementos variados en torno á impresión 3D, animación, videoxogos ou drons que utilizan na formación.
Tenis
A escola de tenis fenesa leva xa varias campañas programando clases para os/as peques de Centieiras. Unha proposta deportiva, ao aire libre e divertida.
Xadrez
No seu programa de escolas deportivas, a Escola Ferrolá de Xadrez ofrece unha ampla experiencia e persoal altamente cualificado para a realización da actividade, ademais de material didáctico propio.
Inglés
Traballarase a comprensión escrita e falada, e alternaranse clases impartidas exclusivamente en inglés. Todo isto desenvolvido mediante xogos e adaptado ás diferentes idades, para que todos/as se divirtan mentres aprenden.
Obradoiro de arte
Diversos xogos de creación artística con materiais de refugallo, materiais da natureza, pintura, debuxo, teas e todo tipo de tarefas e ferramentas para que os/as peques se divirtan, deixen voar a súa imaxinación e esperten as súas capacidades artísticas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario