xoves, febreiro 11, 2021

"COVID, non vas poder" en Radio Fene e no Entroido Virtual do Concello

Os compañeiros Juanjo e Celia foron hoxe á radio a falar do vídeo-performance "COVID, non vas poder", e infomaron moi ben sobre o gran traballo realizado polas familias do cole e por toda a nosa comunidade educativa.

Deixámosvos por aquí o enlace se queredes escoitalos.

 A ANPA EN RADIO FENE

Ademais, informamos que o Concello de Fene escolleu o noso traballo para abrir o ciclo de Entroido Virtual municipal. Mañá venres, a partir das 10 da mañá, será publicado no facebook do Concello.

Bo Entroido a todos e todas!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario