martes, xaneiro 19, 2021

INCIDENCIA E REANUDACIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR

Como moitos/as xa sabedes, onte a última hora da tarde confirmábase que os nenos e nenas que acudiron o luns ao comedor compartiron espazo cun positivo en COVID-19, e tras dar traslado á autoridade competente, esta recomendaba que os comensais do luns quedaran na casa hoxe martes e agardaran novas instrucións. Tras facer as averiguacións pertinentes, o comité Edu-COVID decidiu a última hora desta mañá que os nenos e nenas que acudiron o luns ao comedor non se consideran contactos estreitos con positivo e que, polo tanto, mañá poden voltar ao colexio. 

Debido a esta circunstancia e á confusión das primeiras horas, hoxe non houbo servizo de comedor, pero informamos de que mañá se reanuda con normalidade.

O servizo de madrugadores non se veu afectado en ningún momento por esta circunstancia, polo que segue a funcionar como vén sendo habitual.

Lamentamos profundamente as molestias ocasionadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario