A ANPA do C.E.I.P. Plurilingüe Centieiras convoca aos pais/nais/titores e titoras dos/-as alumnos/-as do CEIP Plurilingüe Centieiras á Asamblea Xeral que terá lugar o martes 3/11/2020 ás 17:15 horas en 1ª convocatoria e ás 17:30 horas en 2ª convocatoria, no patio cuberto do Centro, coa seguinte orde do día:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
- Estado de contas do curso 2019/2020.
- Proposta e aprobación, se procede, de renovación da Presidencia e outros cargos da Xunta Directiva.
- Información relativa ás obras do comedor escolar.
- Proposta de contratación de xestoría para contabilidade da ANPA.
- Rogos e preguntas
Para acudir será preciso, por motivos de
seguridade, inscribirse a través dun
aviso de asistencia ao correo electrónico da ANPA ou por whatsapp ao móbil
da ANPA:
623 00 94 49
Ningún comentario:
Publicar un comentario