martes, xaneiro 02, 2018

Á NOSA QUERIDÍSIMA PALOMA

   Acabamos o ano despedindo á nosa queridísima Paloma. Esperamos que esta nova estapa na túa vida sexa todo o marabillosa que te mereces.
   Tomamos prestados estos versos de Vanesa Díaz, para agradecerche todo o que nos deches porque nos resulta moi difícil atopar as palabras necesarias. Mil bicos!


   QUERO...PERO NON POIDO

QUERO DICIRCHE PALOMA
QUE POR TI EMPEZOU TODO
PERO NON POIDO PEDIRCHE NADA
XA QUE A NÓS, DÉCHENOS MOITO

QUERO QUE SEPAS NO CENTIEIRAS
SEN O TEU ALOUMIÑO QUEDAMOS
PERO NON POIDO DEIXAR DE PENSAR
OS BIQUIÑOS POR TI VAN SER DADOS

QUERO SEGUIR VENDO, O HORTO SEMPRE CULTIVADO
E OS ALUMNOS MORGADOS, SIGAN LABRANDO
PERO NON POIDO DAR A ESQUENCEMENTO
O HORTO SÓ, NON SE DA REGADO

QUERO QUE SEXA SEMPRE DADA
A FESTA O DÍA DOS CALDEIROS DE AUGA
PERO NON POIDO DEIXAR DE LEMBRALA
XA DEBE SER COSTUME ARRAIGADA

QUERO QUE SEPAS QUERIDA MESTRA
NON ATOPEI ALUMNO, QUE NON TE QUEIRA
PERO NON POIDO ACOUGAR A ALMA
A NON VERTE MÁIS NA ESCALEIRA

QUERO SEGUIR VENDO
A ESA DOCENTE ENCANTADA
PERO NON POIDO CONTER A BÁGOA
DE SABER QUE É PAIXÓN INNATA

QUERO DICIRCHE TANTO
QUE NON ATOPO PALABRAS
PERO NON POIDO MANTER ACOUGO
EI SEGUIRTE ONDE VAIAS

PERO NON POIDO QUITAR DA CABEZA
A EDUCACIÓN COMO A VIDA MESMA
QUERO QUE DEIXES PROMETIDO
ÁS TÚAS COMPAÑEIRAS DA ANPA
TOMAR CAFÉ ALGÚN DOMINGO


Ningún comentario:

Publicar un comentario