venres, maio 19, 2017

CHARLAS CONTRA AS REVÁLIDAS DE TERCEIRO DE PRIMARIA E CONTRA A LOMCE

Boa tarde

Con motivo da celebración os vindeiros días 30 e 31 deste mes das probas de avaliación (reválidas) de 3º de primaria en TODOS os centros públicos galegos, e coa finalidade de poder espoñer polo miudo a TODAS as familias interesadas os motivos do mais absoluto REXEITAMENTO desta Federación (e do conxunto da comunidade educativa) á realización desta proba, na Xunta Directiva celebrada o pasado venres día 12, acordamos realizar TRES charlas informativas, en Ferrol, Narón e Valdoviño, onde falaremos da importancia que ten manifestar o rexeitamento da realización dunhas probas que so pretenden afianzar a implantación da LOMCE, a lei educativa mais perxudicial da nosa historia.

De momento xa temos data, lugar e hora para as charlas de Ferrol e Valdoviño, e estamos pendentes de confirmación do lugar e hora de Narón. as citas son:

            -- FERROL.... luns día 22 de maio ás 18:30 horas no Centro Cultural Carvalho Calero (Praza do Inferniño, xunto ao Centro Comercial Porta Nova).

            -- VALDOVIÑO... mercores día 24 de maio ás 17:30 horas no CPI Atios de Valdoviño, Avenida de San Sadurniño nº 9 de Valdoviño.

            - NARÓN.... xoves día 25 ás 17:30 horas no Salón de Actos do CEIP Virxe do Mar

Xa que este e un asunto que afecta directamente á educación das nosas fillas e fillos, pola importancia que teñen estas probas no afianzamento da LOMCE tal e como xa dixemos, e ante o importante esforzo desmobilizador  que está desenvolvendo a administración educativa, é necesaria a MAIOR difusión posible deste correo e a máxima participación, depende de nos mesmas/os a derrogación final da LOMCE ou que a mesma quede definitivamente implantada como o modelo educativo de futuro.

Esperamos a vosa asistencia a calquera das charlas, ou a todas se o tendes pòr convinte

Saúdos

Javier Sánchez
Presidente da FEANPAS


Federación Comarcal de ANPAS de Centro Públicos de Ferrolterra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario