A.N.P.A. de Centieiras
¿Qué é? E unha asociación de nais
e pais e titores de alumnos que estean matriculados no CEIP de Centieiras. Os
seus fins son:
a) Asistir aos pais, nais, titores ou titoras en todo aquilo que concirne á
educación dos seus fillos e fillas, tutelados e tuteladas.
b) Colaborar nas actividades educativas e extraescolares do Centro.
c) Facilitar a representación dos pais e nais de alumnos e alumnas no consello
Escolar do Centro.
d) Estimular a participación dos pais e nais de alumnos e alumnas na programación
xeral da ensinanza a través do órgano colexiado correspondente.
e) Fomentar as relacións de cooperación do Centro cos outros centros escolares
e cos sectores sociais e culturais da contorna.
f) Promover a plena realización do principio de gratuidade no ámbito do
Centro, e a efectiva igualdade de dereitos de todos os alumnos e alumnas sen
discriminación por razóns socioeconómicas, ideolóxicas, confesionais, raza ou
sexo.
g) Requirir aos poderes públicos o cumprimento das leis, regulamentos e plans
de actuación relativos á educación, recadando a atención e as axudas que esta
mereza.
h) Promover reunións de colaboración de pais ou nais con mestres ou mestras e
as boas relacións entre ambos os dous.
i) E todos aqueles outros non recollidos nos estatutos e que sexan conformes á
lei.
¿Qué hai que facer para asociarse? Só
é necesario que o pai ou a nai comunique a intención de asociarse a un membro
da directiva nos dous primeiros meses do
curso.
¿Cal é a cota para asociarse? Hai unha cota única
anual de vinte euros (20,00 €) por familia, a pagar no momento de apuntarse. As
familias que estean exentas de pagar
impostos no Concello de Fene, ou que
teñan algunha redución dos mesmos,
terán as mesmas vantaxes para asociarse, aportando a correspondente
certificación dos Servizos Sociais do Concello (é dicir, estarán exentas do
pagamento, ou terán unha redución do mesmo). En calquera outra situación non
recollida anteriormente, estudarase a bonificación da cota.
Horario da directiva no Centro: Os
martes, de 16.00 a
17.00 h, e tódolos días dende as 9.00 ata as 9:30 h.
Vantaxes para TODOS os nenos e nenas:
-
Actividades extraescolares; que
dependen na actualidade da existencia desta asociación, que é a que leva a
xestión, xunto co Concello de Fene e a Dirección do Centro.
-
O servizo de comedor e de madrugadores;
que só se pode xestionar dende a Asociación.
-
As festas organizadas conxuntamente
coa Dirección do Centro (magosto, Nadal, Entroido, fin de curso …); nas que se
imparte comida e bebidas, e/ou agasallos, para TODOS os nenos e nenas, pais e
nais que asistan.
-
Material para o colexio; do que poden
dispoñer TODOS os nenos e nenas.
-
Pode servir de axuda, no caso de haber
calquera tipo de problema (con profesores, con actividades escolares ou
extraescolares).
Esta é unha asociación
sen ánimo de lucro, polo que todos os cartos que se conseguen (cotas dos
socios, subvencións, …), invístense en necesidades ou melloras.
Este é o resumo das
actividades e dos obxectivos da asociación, e unha invitación dirixida ás familias que inda non son socias para
asociarse (senón hai socios ou socias non pode haber A.N.P.A.). Calquera axuda sempre é ben recibida.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Se desexas facerte
socio/a podes acudir á oficina
da A.N.P.A. ou cumprimentar o
seguinte impreso con todos os datos e entregalo xunto coa cantidade de
vinte euros (20,00 €) no local da A.N.P.A. ou no buzón da A.N.P.A.
SOLICITUDE
DE INSCRICIÓN COMO SOCIO/A DA A.N.P.A. DE CENTIEIRAS
D. / Dª
____________________________________________ pai / nai / titor / -a dos alumnos/-as
1. ___________________________________________ do curso
__________________
2. ___________________________________________ do curso
__________________
3. ___________________________________________ do curso
__________________
4. ___________________________________________ do curso
__________________
Desexo facerme socio/-a da A.N.P.A. do CEIP
CENTIEIRAS durante o curso 2016-2017
Asinado:
Ningún comentario:
Publicar un comentario