ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES XESTIONADAS POLA ANPA
A
continuación relacionamos as actividades que a Anpa xestionará no curso 2016-2017,
en principio quedarán cos horarios do curso actual e comezarán en outubro,
sempre que se acade o mínimo necesario para facer grupo:
1. Pintura
2. Intelixencias múltiples
3. Teatro
4. Robótica
5. Capoeira
Nova
proposta:
- MÉTODO NENOOS, é un programa que fomenta o desenvolvemento do alumno ou alumna centrándose no seu potencial intelectual, físico, emocional e creativo, a través dunha metodoloxía creada e impartida por profesionais e con avaliacións periódicas para garantir a calidade do método. Traballan co ábaco soroban, xogos didácticos, traballo corporal e técnicas orientadas á xestión das emocións e mellora das habilidades sociais.
O que estea interesado
nalgunha das actividades expostas, xa sexa das impartidas estes anos ou a nova
actividade proposta, que cumprimente os seguintes datos por orde de
preferencia. Así mesmo, se estades interesados en novas propostas, detalládeas
no dito cadro.
Fene, 10 de xuño de 2016
A Directiva
ENQUISA
Nome
e apelidos dos interesados/as e actividade de interese:
NOME E
APELIDOS
|
ACTIVIDADE
|
Recortar pola liña de puntos e entregar na semana do 13 ao 17 de xuño
na anpa ou por correo electrónico: anpacentieiras@hotmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario