Estimadas
familias:
Dende a anpa do colexio Centieiras
queremos promover a colaboración co Concello e Bombeiros de Ferrol xunto con
Seur-Ferrol na iniciativa da ONG As. Alhambra-Internacional para axuda dos
refuxiados.
Coméntannos que precisan: roupa interior (home, muller, neno e
nena), produtos de hixiene (xampú
para piollos, xel, xabón, xampú, compresas, cepillos e pasta de dentes, papel
hixiénico, cueiros de bebé e adulto, etc), e comida (garavanzos, lentellas, arroz, pasta, azucre, sal, galletas,
cereais, tomate frito, leite de bebés líquida, zumes, pisto, alimentos
enlatados)
A data
límite de recollida por nós sería o luns
4 de abril senón teriades que levalo o martes 5 de abril ao Cuartel Sánchez
Aguilera pola entrada do guindastre municipal, estrada de Catabois.
Fene,
31 de marzo de 2016
A
directiva
Ningún comentario:
Publicar un comentario