Aquí vos deixamos unha información remitida desde o concello das sesións de ESPAZOS COMPARTIDOS. Ademáis no TABOLEIRO podedes ver o cartel desta actividade.
No CEIP Centieiras sería o 24 de novembro de 17:00 a 18:30 h para educación primaria.
“ESPAZOS
FAMILIARES”
O concello de Fene dende a Área de Benestar Social e
Igualdade, leva a cabo o proxecto “De peques a maiores: compartindo
espazos”, no que se enmarcan o programa de ESPAZOS FAMILIARES, subvencionado
pola Deputación da Coruña.
Comezan as sesión de espazos de familias, abertos a
toda a poboación, onde se tratarán aspectos relacionados
coa educación e desenvolvemento das mozas e mozos. Desenvolveranse dous grupos:
- Este xoves, 19 de novembro terá lugar o esta sesión dirixida a familias con fillas/os cursando educación secundaria, que se reunirán no Centro Municipal de Servizos Sociais de San Valentín, de 17:45 a 19:15 h.
- O próximo martes 24 de novembro, terá lugar o esta sesión dirixida a familias con fillas/os cursando educación primaria, , no CEIP Centieiras, en Perlío, de 17:00 a 18:30 h.
En ámbolos grupos celebrase esta primeira sesión abordando
o tema de comunicación e disciplina
positiva. A finalidade destas sesións e aportar novas ferramentas e
recursos educativos ao grupo de nais e pais ou outros membros da familia
interesados en ampliar os seus propios coñecementos e favorecer así o apoio que
poden aportar as súas fillas e fillos.
Estas sesións son impartidas por educadoras da empresa
Atalaia.social
A coordinadora deste programa é a pedagoga municipal, Mª
José Paz Rodríguez.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO
MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal
Ningún comentario:
Publicar un comentario