mércores, setembro 23, 2015

REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES



     O XOVES 24 SETEMBRO ÁS 16:30 HORAS haberá unha reunión para informar sobre as actividades extraescolares xestionadas pola anpa para o curso 2015-2016 e dirixidas a todo o  alumnado do centro. A reunión celebrarase na Biblioteca do Centro.
     Trataranse os seguintes puntos:

   1.- Posibilidade de dous grupos en pintura. Organización de horarios.
   2.- Posibilidade de dous grupos de teatro. Organización de horarios.
   3.- Información doutras actividades ofertadas ao anpa para nenos/-as a partires de 3 anos.

     NOTA:  A reunión convócase para poder iniciar a actividade no mes de outubro.


A Directiva do ANPA                                                                 Fene, 23 de setembro de 2015

Ningún comentario:

Publicar un comentario