Actividades Extraescolares

Neste curso propoñemos ao alumnado as seguintes actividades extraescolares:

Ollo! Tedes prazo para apuntarvos ata o venres 20 de setembro. 👀👀👀


Seguimos apostando polo tenis de Justo al Revés e engadimos, como actividade deportiva, o balonmán. 

En canto ás actividades creativas, temos:

- Robótica educativa; unha actividade STEM pensada para pequenos inventores e inventoras baseada en Lego wedo 2.0 e EV3 Mindstorms, que combina elementos de ciencia, tecnoloxía matemáticas e creatividade. 

- Creatividade; experimentos, manualidades, expresión corporal, ritmo, educación medioambiental... unha ampla gama de experiencias divertidas e ao mesmo tempo educativas

E a maiores, inglés con xogos, dinámicas, conversa e vocabulario; e cociña, con receitas e hábitos de alimentación saudable.

Impartiranse as actividades que alcancen o mínimo de alumnado sinalado no cadro, así que animádevos e apuntádevos canto antes (ata o 20 de setembro). Para facelo tedes que enviar un correo electrónico a anpa.centieiras@gmail.com cos seguinte datos:

- Nome do alumno ou alumna

- Curso

- Teléfono móbil de contacto. 

As actividades que saian comezarán en outubro e rematarán en maio.






Ningún comentario:

Publicar un comentario