Tal e como xa anunciou o cole a través do Abalar, o noso equipo artísitco prepara a creación dun poboado de Nadal que vai deixar sen palabras ata a algún alcalde... Para iso precisamos a colaboración dos nosos pequenos e pequenas.
Con cartón, caixas de zapatos ou o que teñan por casa, poden facer casiñas, vexetación, pontes, sinais de tráfico, estacións, marquesiñas, ou calquera cousa que se lles ocorra que pode haber nunha vila de hoxe en día. Teñen ata o vindeiro venres 26 para achegar as súas creacións ao cole e deixarllas ao titor ou titora, que xa se encargará de facérnolas chegar.
Agardamos que poidades ver o poboado nos primeiros días de decembro. Grazas de antemán e animádevos a colaborar!!
Deixámosvos unhas fotos que poden servir como idea, pero lembrade que poden facer calquera elemento dun poboado. Estas están feitas por adultos; non fai falla que sexan tan perfectas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario