venres, novembro 19, 2021

O vindeiro luns 22 pola tarde animádevos a participar


O próximo luns día 22 de novembro, entre as 16 e as 18h, na Biblioteca do cole, todos os pais, nais e/ou titores legais do alumunado podedes participar na elección de dúas representantes das familias no Consello Escolar do centro. Trátase dun órgano de vital importancia na xestión da escola, e nel están representados, ademais das familias, a dirección, o profesorado, o Concello de Fene e o persoal non docente. 

As familias temos cinco representantes no Consello Escolar, unha en representación da ANPA e outras catro que se escollen mediante votación cada dous anos, nos que se renovan dúas das catro. O curso pasado tocaba renovar, pero a pandemia impediuno; así que este ano hai que escoller dúas novas representantes neste órgano que toma decisións e debate sobre temas de vital importancia para os nosos fillos e fillas.

Hai seis candidatas para esta ocasión, ás que xa de antemán felicitamos e agradecemos a súa disposición; son Silvia, Paula, Mª Raquel, Auria, Cristina e Lorena. Cada votante escolleremos tres nomes desta lista, e as dúas máis votadas serán as novas representantes das familias no Consello Escolar, xunto con outras dúas que foron escollidas en 2018 (Alejandra e Yolanda) e coa representante da ANPA (Ledicia).

Participade! É o voso dereito!

Ningún comentario:

Publicar un comentario