Esta é unha das frases máis célebres de Mahatma Ghandi, que morria asasinado un 30 de xaneiro por defender a paz e a non violencia na resolución de conflitos. Desde hai xa décadas, nos centros educativos conmemórase nestas datas o día da paz e a non violencia lembrando esta efeméride.
Neste curso, se cadra máis ca nunca, é importante lembrar que, inclulcando unha educación baseada na resolución pacífica dos problemas, teremos unha base importante para que os nosos pequenos e pequenas medren comprometidos coa paz e o respecto aos dereitos propios e dos demais.
A ANPA, dentro do pouco que se pode facer este ano, contribúe a esta conmemoración decorando o centro con motivos que simbolizan a celebración deste día, e para os que se utilizaron materiais de refugallo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario