Dadas as recomendacións das autoridades sanitarias -tanto autonómicas coma municipais- de limitar ao máximo a mobilidade e
actividades non esenciais, e despois de consultalo coas empresas
prestadoras das nosas actividades extraescolares e coas familias usuarias, decidimos cesar temporalmente as clases de tenis e de E-makers durante o mes de febreiro. Este cese non supón penalización económica ningunha das
empresas á ANPA nin, por suposto, ás familias, e queda garantida a reserva
de praza para a reanudación.
Queremos agradecer o apoio e comprensión das empresas prestadoras e das familias usuarias ante esa difícil decisión, e agardamos que en marzo poidan reanudarse con máis forza se cabe.
Veña que queda menos!! Ánimo e a coidarse!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario