venres, abril 29, 2016

A NOSA HORTIÑA!

      Estos días o alumnado de infantil estivo moi atarefado plantando a nova horta que imos ter no cole.
Canto traballamos!


        Pero antes de facer a plantación tiveron que preparar o terreo, así que aproveitamos para dar as grazas a estos pais de infantil que tanto axudaron!


mércores, abril 27, 2016

I XORNADAS DE XOGOS POPULARES E CARREIRAS DE CAMPO A TRAVÉS

      Mañá, xoves 28 de abril, o alumnado de primaria do cole, xunto con outros centros do concello, participarán na I edición das Xornadas de xogos populares e carreiras de campo a través, que se celebrará entre as 10 e 13 horas, ao redor do pavillón a Xunqueira de San Valentín, organizadas pola Concellería de Deportes.


PLANTAMOS UNHA ÁRBORE!

      Onte o alumnado de infantil coa axuda do concello plantaron unha árbore no cole, en concreto un magnolio. Poderedes velo cando accedades pola entrada do aparcadoiro.



martes, abril 19, 2016

REMATAMOS CO PROGRAMA 'CONTAMOS'

      Esta vez foi o xefe territorial da Coruña, Indalecio Cabana Leira, o que visitou o centro. Deixámosvos unha composición de fotos na que podedes ver como foi a súa visita.

MARÍA CANOSA

      Cun pequeno retraso contarvos que, o 31 de marzo, o cole recibiu a visita de María Canosa para falarlle ao alumnado de terceiro e cuarto do seu libro Rubicundo. Aquí vos deixamos un par de fotos, pero podede ver máis na páxina do CEIP Centieiras.

María Canosa falándolle ao alumnado

María Canosa asinando os libros

venres, abril 15, 2016

SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ

      Enlade á nota informtiva enviada hoxe desde o CEIP Centieiras.


      Toda aportación para colaborar coa ONG Solidaridade Galega co Pobo Saharauí, sexa cal sexa o importe, é sempre importante. Pode facerse directamente na conta de ABANCA ES40 2080 5056 13 3040034374, ou entregala, dentro do sobre enviado, no local do ANPA do centro, o vindeiro luns 18 de abril.

xoves, abril 14, 2016

'Veño falar do lixo': MARCOS CALVEIRO

      O día 4 de abril o autor Marcos Calveiro veu ao cole facernos unha visita, na que deu unha charla  para o alumnado de 4º e 5º curso sobre o líxo, vertedoiros e familias que nacen, viven e morren nelas, nas que se inspirou para facer o libro 'Unha casiña branca'.
      Ademáis participantes no club de lectura aproveitaron para intercambiar ideas sobre o seu libro 'Palabras de auga' co que iniciamos esta interesante andadura.


Charla co alumnado
Traballos sobre o libro 'Unha casiña branca'

O autor co club de lectura

Enlace a Marcos Calveiro: “Veño falar do lixo”

martes, abril 05, 2016

MATERIAL PARA OS REFUXIADOS

          Unha vez finalizada a recollida do material, clasificouse, pesouse en caixas non superiores a 20 kg e embalouse. Rematado o proceso o martes 5 deste mes, os operarios do concello de Fene cargaron o material no centro e xunto con nós foi levado aos bombeiros a Ferrol.

        


      Dar as GRAZAS a todos e todas pola vosa colaboración, ao concello de Fene pola súa resposta inmediata para o transporte e ao noso centro que nos facilitou a tarefa!!

luns, abril 04, 2016

A ÁRBORE DOS POEMAS

      Que bonitos lucen os poemas na súa árbore!







ADEUS RÍOS, ADEUS FONTES

      O venres 31, alumnas e alumnos de 4º e 5º do cole, participaron no programa 'Adeus ríos, adeus fontes', organizado pola Concellería de Medio Ambiente, no Parque Liñal de Vilanova.
   
     
       E unha foto onde un alumno de 5º do noso cole está lendo uns dos poemas de Manuel María.

venres, abril 01, 2016

RECOLLIDA DE MATERIAL PARA AXUDA A REFUXIADOS





      Estimadas familias:

      Dende a anpa do colexio Centieiras queremos promover a colaboración co Concello e Bombeiros de Ferrol xunto con Seur-Ferrol na iniciativa da ONG As. Alhambra-Internacional para axuda dos refuxiados.

      Coméntannos que precisan: roupa interior (home, muller, neno e nena), produtos de hixiene (xampú para piollos, xel, xabón, xampú, compresas, cepillos e pasta de dentes, papel hixiénico, cueiros de bebé e adulto, etc), e comida (garavanzos, lentellas, arroz, pasta, azucre, sal, galletas, cereais, tomate frito, leite de bebés líquida, zumes, pisto, alimentos enlatados)

      A data límite de recollida por nós sería o luns 4 de abril senón teriades que levalo o martes 5 de abril ao Cuartel Sánchez Aguilera pola entrada do guindastre municipal, estrada de Catabois.





      Fene, 31 de marzo de 2016

      A directiva





O CLUB DA CALCETA DE MARÍA REIMÓNDEZ

      O próximo día 6 de abril, de 17:00 a 18:30,  retomamos o Club de Lectura, co libro O club da calceta de María Reimóndez. Animádevos!