venres, abril 01, 2016

RECOLLIDA DE MATERIAL PARA AXUDA A REFUXIADOS





      Estimadas familias:

      Dende a anpa do colexio Centieiras queremos promover a colaboración co Concello e Bombeiros de Ferrol xunto con Seur-Ferrol na iniciativa da ONG As. Alhambra-Internacional para axuda dos refuxiados.

      Coméntannos que precisan: roupa interior (home, muller, neno e nena), produtos de hixiene (xampú para piollos, xel, xabón, xampú, compresas, cepillos e pasta de dentes, papel hixiénico, cueiros de bebé e adulto, etc), e comida (garavanzos, lentellas, arroz, pasta, azucre, sal, galletas, cereais, tomate frito, leite de bebés líquida, zumes, pisto, alimentos enlatados)

      A data límite de recollida por nós sería o luns 4 de abril senón teriades que levalo o martes 5 de abril ao Cuartel Sánchez Aguilera pola entrada do guindastre municipal, estrada de Catabois.





      Fene, 31 de marzo de 2016

      A directiva





Ningún comentario:

Publicar un comentario