![]() |
| A DIRECTIVA |
domingo, 27 de decembro de 2015
mércores, 16 de decembro de 2015
venres, 27 de novembro de 2015
mércores, 25 de novembro de 2015
venres, 20 de novembro de 2015
VISITA DO MEL DE GOENTE
O venres 20/11/2015 os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de educación primaria asistiron a unha charla sobre as avespas asiáticas. Para os nenos e nenas de
educación infantil fíxose unha pequena exposición (niños de avespa, traxes
de apicultor, distintos aparellos e mel). Tamén houbo unha
degustación do mel. A visita a levou a cabo a organización do mel de
Goente.
Unha pequena mostra do feito:
xoves, 19 de novembro de 2015
ESPAZOS COMPARTIDOS 24 DE NOVEMBRO EN CENTIEIRAS
Aquí vos deixamos unha información remitida desde o concello das sesións de ESPAZOS COMPARTIDOS. Ademáis no TABOLEIRO podedes ver o cartel desta actividade.
No CEIP Centieiras sería o 24 de novembro de 17:00 a 18:30 h para educación primaria.
“ESPAZOS
FAMILIARES”
O concello de Fene dende a Área de Benestar Social e
Igualdade, leva a cabo o proxecto “De peques a maiores: compartindo
espazos”, no que se enmarcan o programa de ESPAZOS FAMILIARES, subvencionado
pola Deputación da Coruña.
Comezan as sesión de espazos de familias, abertos a
toda a poboación, onde se tratarán aspectos relacionados
coa educación e desenvolvemento das mozas e mozos. Desenvolveranse dous grupos:
- Este xoves, 19 de novembro terá lugar o esta sesión dirixida a familias con fillas/os cursando educación secundaria, que se reunirán no Centro Municipal de Servizos Sociais de San Valentín, de 17:45 a 19:15 h.
- O próximo martes 24 de novembro, terá lugar o esta sesión dirixida a familias con fillas/os cursando educación primaria, , no CEIP Centieiras, en Perlío, de 17:00 a 18:30 h.
En ámbolos grupos celebrase esta primeira sesión abordando
o tema de comunicación e disciplina
positiva. A finalidade destas sesións e aportar novas ferramentas e
recursos educativos ao grupo de nais e pais ou outros membros da familia
interesados en ampliar os seus propios coñecementos e favorecer así o apoio que
poden aportar as súas fillas e fillos.
Estas sesións son impartidas por educadoras da empresa
Atalaia.social
A coordinadora deste programa é a pedagoga municipal, Mª
José Paz Rodríguez.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO
MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal
mércores, 11 de novembro de 2015
PEQUEDEPROTE E PATINAXE EN LIÑA, ÚLTIMO DÍA DE PORTAS ABERTAS!
Este xoves, día 12, vai facerse un último día de proba das actividades PEQUEDEPORTE e PATINAXE EN LIÑA, unificadas ambas actividades, de 17:00 a 18:00 horas.
No caso de que se forme grupo a actividade quedaría co seguinte horario:
Luns de 16:00 a 17:00 horas
Xoves de 17:00 a 18:00 horas
No caso de que se forme grupo a actividade quedaría co seguinte horario:
Luns de 16:00 a 17:00 horas
Xoves de 17:00 a 18:00 horas
venres, 6 de novembro de 2015
O OUTONO
Hoxe día 6 de novembro celébrase no cole a festa do magosto, pero ademáis durante estos días temos na entrada unha exposición coas froitas e froitos desta estación na que nos atopamos e outros traballos realizados polos peques en relación ao outono.
E todo listo para comezar coas castañas!
E todo listo para comezar coas castañas!
martes, 3 de novembro de 2015
PEQUEDEPORTE E PATINAXE EN LIÑA
O xoves 5 de novembro, de 16.30 a 17.30, haberá un día de proba (portas abertas) para as
actividades de PEQUEDEPORTE e PATINAXE EN LIÑA. Ambas actividades
dirixidas a nenos e nenas entre 3 e 7 anos e impartida por ‘Curuxas
deporte e lecer’.
Días: LUNS e XOVES
Hora: 16.30-17.30
Prezo: 15€ (2º
irmáns 8€)
Máis información no
TABOLEIRO.
martes, 27 de outubro de 2015
O COMEDOR
A petición da nova dirección do centro, o concello pintou o
comedor dunha cor mais clara. Isto xunto co cambio de cortinas e outras
reformas por parte da anpa, dan unha amplitude e claridade ao comedor.
xoves, 22 de outubro de 2015
RICA MERENDA PARA ELECCIÓN DA NOVA MASCOTA DA BIBLIOTECA DO COLE
venres, 2 de outubro de 2015
Convocatoria ASEMBLEA XERAL 20/10/2015 - 16:00 h.
A ANPA do C.E.I.P. Centieiras convoca aos seus socios/as á Asemblea
Xeral que terá lugar
o martes 20/10/2015 ás 16:00 horas en 1ª convocatoria e ás 16:15 horas en 2ª convocatoria,
na aula de galego (2º andar) coa seguinte orde do día:
o martes 20/10/2015 ás 16:00 horas en 1ª convocatoria e ás 16:15 horas en 2ª convocatoria,
na aula de galego (2º andar) coa seguinte orde do día:
-
Lectura e aprobación da acta
anterior
-
Estado de contas do curso
2014/2015
-
Renovación dos cargos da Xunta
Directiva
-
Informacións varias
-
Rogos e preguntas.
A DIRECTIVA
Fene a
2 de outubro de 2015
domingo, 27 de setembro de 2015
RESUMO REUNIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Estimadas familias, despois da
reunión mantida cos pais/nais dos nenos/-as interesados nas actividades extraescolares
xestionadas polo ANPA para o curso 2015-2016 informámosvos que os horarios das
actividades será o seguinte:
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES
Pequedeporte TEATRO I.M. (Grupo
I) Pequedeporte
(15:45 – 16:45) (16:00
– 17:00) (16:00
– 17:30) (15:45 – 16:45)
(3-7 anos) (3-12 anos) (3-12 anos) (3-7 anos)
Inicio: 6 Outubro Inicio:
7 Outubro
(16:00 – 17:30) (16:00 – 17:00) (16:45
– 17:45)
*(7-12 anos) (4-12 anos) (3-7 anos)
Inicio: 5 Outubro Inicio:
7 Outubro
Patinaxe en liña PINTURA (Grupo II)
I.M. (Grupo II)
(16:45 – 17:45) (17:00 – 18:00) (16:00
– 17:30)
(3-7 anos)
(4-12 anos) (3-12 anos)
Inicio:
7 Outubro Inicio:
8 Outubro
Para o comezo das actividades: “Pequedeporte”
e “Patinaxe en liña” é preciso
cubrir o número mínimo de participantes. Data límite o mércores 30/09/2015.
O día 5 de outubro, coincidindo
co inicio da actividade de ROBÓTICA,
haberá unha xornada de portas abertas para dar a coñecer a actividade.
*CORRECCIÓN ERRO: A idade mínima para a actividade de ROBÓTICA é de 7 anos, incluso no caso de que o neno/-a fose moi habilidoso e coidadoso na montaxe de legos podería ser de 6 anos.
A
DIRECTIVA Fene, 25 de setembro de 2015
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)






