xoves, novembro 19, 2015

ESPAZOS COMPARTIDOS 24 DE NOVEMBRO EN CENTIEIRAS


   Aquí vos deixamos unha información remitida desde o concello das sesións de ESPAZOS COMPARTIDOS. Ademáis no TABOLEIRO podedes ver o cartel desta actividade.

   No CEIP Centieiras sería o 24 de novembro de 17:00 a 18:30 h para educación primaria.




“ESPAZOS  FAMILIARES”

O concello de Fene dende a Área de Benestar Social e Igualdade,  leva a cabo  o proxecto “De peques a maiores: compartindo espazos”, no que se enmarcan o programa de ESPAZOS FAMILIARES, subvencionado pola Deputación da Coruña.

Comezan as sesión de espazos de familias, abertos a toda  a  poboación, onde se tratarán aspectos relacionados coa educación e desenvolvemento das mozas e mozos. Desenvolveranse dous grupos:

  • Este xoves, 19 de novembro terá lugar o esta sesión dirixida a familias con fillas/os    cursando educación secundaria, que se reunirán no Centro Municipal de Servizos Sociais  de San Valentín, de 17:45 a 19:15 h.

  • O próximo martes 24 de novembro, terá lugar o esta sesión dirixida  a familias con fillas/os    cursando educación  primaria, , no CEIP Centieiras, en Perlío, de 17:00 a 18:30 h.

En ámbolos grupos celebrase esta primeira sesión abordando o tema de comunicación e disciplina positiva. A finalidade destas sesións e aportar novas ferramentas e recursos educativos ao grupo de nais e pais ou outros membros da familia interesados en ampliar os seus propios coñecementos e favorecer así o apoio que poden aportar as súas fillas e fillos.

Estas sesións son impartidas por educadoras da empresa Atalaia.social

A coordinadora deste programa é a pedagoga municipal, Mª José Paz Rodríguez.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO  MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal

Ningún comentario:

Publicar un comentario