mércores, novembro 27, 2013

CLASES DE CAPOEIRA

 Ola a todos!

 Este próximo mes de DECEMBRO non haberá clases de CAPOEIRA.  Os motivos son que o venres 6 é festivo e que o profesor non pode asistir un dos outros dous venres que quedan antes das vacacións de Nadal, polo tanto só quedaría un día de clase. As clases comezarán de novo no mes de xaneiro.

mércores, outubro 16, 2013



     A A.N.P.A. do C.E.I.P. Centierias informa dos días do curso escolar 2013-2014 que NON serán LECTIVOS:
  • DÍA DO ENSINO o 31 de outubro.
  • Días de libre designación polos centros escolares, os días 5 de decembro e 2 de maio.
  • VACACIÓNS DO NADAL do 22 de decembro ao 8 de xaneiro (ambos incluídos).
  • ENTROIDO do 3 ao 5 de marzo (ambos incluídos).
  • VACACIÓN DE SEMANA SANTA do 14 ao 21 de abril (ambos incluídos).

martes, setembro 17, 2013

OBXECTOS PERDIDOS

Levamos 5 días lectivos e xa temos 3 prendas no caixón dos obxectos perdidos. Pregámoslles as familias que se algún fill@ perde calqueira obxecto non vos vaiades sen revisalo caixón.


venres, xuño 14, 2013



LISTAXE DE LIBROS PARA O CURSO 2013-2014

   A continuación deixamosvos un enlace no que poderedes descargar a relación de libros de cada curso.

  Relación de libros 2013-2014
BANCO DE LIBROS:

   Tendo en conta que estamos no remate do curso, lembrámosvos que un ano mais levarase a cabo o sistema de doazón/recepción de libros. Quen estea interesado/a no sistema, que se poña en contacto coa ANPA. O proceso sería:

  • A entrega dos libros na ANPA será a partires do día 19 de xuño ata o 25 de xuño co seguinte horario:

                                Día 19 de xuño de 09:00 a 10:00
                                Día 20 de xuño NON se recollerán por ser o día da Festa da Convivencia
                                Do día 21 ó 28 de 10:00 a 12:00

  • A recollida dos libros prestados será os días 26, 27 e 28 de xuño en horario de 10:00 a 11:00.
   Aquelas persoas que non poidan acudir nos horarios enriba expostos póñanse en contacto coa ANPA a través do teléfono do Centro ou do correo electrónico da ANPA.

   Para que o sistema funcione é necesario que os pais/nais colaboren para que poida haber un sistema de intercambio entre tódolos nen@s.

Información enviada polo Concello de Fene

Impresos de DOAZÓN e Impreso de SOLICITUDE DE DOAZÓN

venres, febreiro 22, 2013

Direccións de correo electrónico



Todos os que queirades recibir as notificacións en papel que se envían á casa  vía correo electrónico, por favor, facédenos chegar a voso e-mail, co voso nome e número de socio ás direccións:
                       anpacentieiras@hotmail.com
                                  tesoreriaanpa.centieiras@gmail.com

Presentación



Ola!
Benvidos ao blog do CEIP de Centieiras.  Con el pretendemos mantervos informados das actividades máis significativas que se realizan na ANPA deste centro, ademáis de ser un punto de encontro para todos os que queiran facernos chegar por este medio  as súas aportacións, comentarios e opinións.
Un saúdo e esperamos vervos por aquí.