Tendo en conta que estamos no remate do curso, lembrámosvos que un ano mais levarase a cabo o sistema de doazón/recepción de libros. Quen estea interesado/a no sistema, que se poña en contacto coa ANPA. O proceso sería:
- A entrega dos libros na ANPA será a partires do día 19 de xuño ata o 25 de xuño co seguinte horario:
Día 19 de xuño de 09:00 a 10:00
Día 20 de xuño NON se recollerán por ser o día da Festa da Convivencia
Do día 21 ó 28 de 10:00 a 12:00
- A recollida dos libros prestados será os días 26, 27 e 28 de xuño en horario de 10:00 a 11:00.
Para que o sistema funcione é necesario que os pais/nais colaboren para que poida haber un sistema de intercambio entre tódolos nen@s.
Información enviada polo Concello de Fene
Impresos de DOAZÓN e Impreso de SOLICITUDE DE DOAZÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario