3, 2, 1.... Chega o Entroido!! E como non, dende a ANPA Centieiras preparamos unha super comparsa para participar no desfile de Fene que, este ano, será na tarde do 18 de febreiro (festivo local). Como moitos sabedes, levamos máis de 30 anos participando nesta celebración que, para esta asociación, é motivo de festa, de xuntanzas, de relacións entre nenos/as e familias, de creatividade e, sobre todo, de moita moita troula.
Nesta publicación deixámosvos todas as indicacións para que vos apuntedes, canta máis xente mellor: papás, mamás, avós, tías, amigos e calquera que teña ganas de divertirse con nós.
O prazo para apuntarse abrímolo hoxe e teredes ata o SÁBADO 31 DE XANEIRO, pero non tardedes que non hai nada que pensar!!! Nesta ocasión faremos homenaxe a Robe Iniesta e Extremoduro e seremos Superfenesas con música de Aitana e co grupo de moda en redes sociais Nueva Línea; a ver que sae de aí...
De
que se trata?
É
unha das actividades máis divertidas e interesantes das que a ANPA
organiza durante o curso e coa que tentamos acadar varios
obxectivos:
- Traballar en equipo con adultos/as e pequenos/as
-
Coñecernos mellor
- Dar a coñecer o noso colexio e as
cousas tan bonitas que se fan nel
- Participar dunha das festas
máis importantes do noso Concello
- Conseguir uns cartos que,
unha vez sufragados os gastos da comparsa, repartimos entre o
alumnado de Centieiras que participe
- Pero ante todo e sobre
todo... pasalo xenial!!
Precisamos un
mínimo de 20 persoas maiores de 16 anos para participar
como "comparsa de adultos de Fene", que é a categoría que
pode acadar un premio maior.
A temática este ano é "Fene", e os
disfraces para os pequenos/as serán os mesmos que usen para a festa do
colexio, que son os seguintes (tamén poden escoller outro dentro destas propostas):
-Infantil: mariscadoras/es
- 1º e 2º: lavandeiras
- 3º e 4º: indianos/as
- 5º e 6º: Fene Rock
As persoas adultas podemos escoller calquera destes ou ben engadir o de obreiro/a do sector naval, que temén é moi representantivo da temática escollida este curso polo equipo directivo.
Que supón para as familias
O
día do desfile, as persoas menores que queiran participar estarán a
cargo da ANPA desde a hora na que sexamos convocados polo Concello
(normalmente sobre as 17.30h) e ata que rematen todos os actos das
comparsas (normalmente sobre as 20.30h). Ocupámonos tamén de
darlles a merenda e auga. En canto aos ensaios, adoitamos facer dous
ou tres na semana anterior (non é necesario acudir a todos) e un
último o mesmo día do desfile sobre as 16h.
Que
hai que facer para apuntarse?
Só
tedes que enviar un whatsapp ao móbil da anpa
(623009449) desde hoxe e ata o vindeiro día 31 de xaneiro.
Ollo!! 👀👀👀
Moi importante especificar os seguintes datos 🔔🔔🔔🔔:
-
Para persoas adultas: nome e apelidos, DNI, data de nacemento e
teléfono móbil de contacto
-
Para menores: nome e apelidos, curso (se son alumnado de Centieiras)
e data de nacemento
Faremos
un grupo de whatsapp da Comparsa coas persoas que vos apuntedes. Aí
enviaremos as cancións e iremos informando de todo o que se faga.
Non
o perdades que, este ano, SOMOS SUPERFENESAS!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario