Un ano máis imos pedirvos axuda para facer algo fermoso entre todos e todas.
Nesta ocasión, a idea é que cada familia que queira colaborar traia un afeite, un adorno, un elemento decorativo, calquera que se lle ocorra e de calquera material e tamaño; se pode ser de refugallo, mellor (algo que teñades por casa e que poidades reutilizar para isto). Os máis pequenos usarémolos para decorar a nosa xa habitual árbore de fieltro e, os máis grandes, servirán para engalanar o patio cuberto, a entrada e mesmo a zona exterior. Polo tanto, poden ser desde bólas para a árbore ata bonecos de neve, casiñas de cartón, siluetas de personaxes de Nadal, algo de plástico para poñer fóra como un lazo... o que se vos ocorra e vos apeteza facer.
A nosa idea é poder decorar a principios de decembro, así que tedes tempo a traer as vosas achegas ata a fin deste mes de novembro. Os nenos e nenas poden entregar os adornos ás titoras e elas encargaránse de facérnolos chegar.
Grazas de antemán e ánimo, que de seguro faremos algo ben bonito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario