Onte rematamos o curso cunha festa de convivencia xenial! Moitas familias e moitas profes animáronse a comer con nós no patio de Centieiras e os nenos e nenas pasárono moi ben. Desde a Anpa temos que darvos as grazas a todos por asistir, á Guagua polos xogos tan chulos e pola festa da espuma tan animada e, sobre todo, a todas as persoas que nos axudaron e contribuíron a que isto saíse ben un ano máis.
Para o vindeiro curso máis e mellor! Pasade un bo verán e vémonos en setembro!!
Aos nenos e nenas de 6º EP, que se cumpran todos os vosos soños e que levedes a Centieiras sempre nos vosos corazóns...
Deixámosvos algunhas fotos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario