4º de Primaria este venres, de naipes |
Desde a directiva da ANPA Centieiras só podemos dar as grazas a todas as persoas que este anos vos animades a vir con nós de comparsa. É o ano no que máis participación acadamos, con 41 persoas adultas e 46 pequenos/as. Unha cousa está clara: que o pasaremos xenial e, se chove, que chova...
O Concello vén de comunicar a orde na que participaremos; seremos os 11º no desfile e os 6º en actuar no palco. Alí interpretaremos a nosa versión da "Despechá" de Rosalía, que titulamos "Alocá" e que dedicamos especialmente á nosa pequena Andrea, que escolleu a canción, e á súa nai, Silvia, ás que botamos moitísimo en falta aínda que están presentes desde a distancia. Grazas por todo, rapazas, querémosvos a moreas!!
Deixámosvos por aquí unha entrevista que nos fixeron en Radio Fene e que se emitiu esta mañá, e tamén os audios das cancións e as letras compostas por Juanjo Teijeiro.
Vémonos o mércores!!
Imos a pásalo ben!!
ResponderEliminar