O venres 11 de novembro celebramos o Magosto e o Día do Peón en Centieiras por todo o alto despois de dous anos con moitas limitacións.
Comezamos a mañá preparando o chocolate quentiño para acompañalo dunhas castañas asadas polo castañeiro que degustaron todos os nenos e nenas xunto con moitas familias.
Logo de que todo o alumnando demostrara as súas habilidades bailando os peóns, rematamos a festa coa xa tradicional repichoca a cargo dos músicos e músicas que temos no cole.
Pasámolo xenial!
Ningún comentario:
Publicar un comentario