A ANPA oferta para o presente curso as seguintes actividades extraescolares, que só se poderán impartir se alcanzan o número mínimo de alumnado precisado en cada caso. Se se superase o máximo, proporíase a división por grupos aumentando unha hora posterior no mesmo día (de 17 a 18h), no caso de tenis, patinaxe e laboratorio de arte.
As persoas interesadas tedes que enviarnos un correo electrónico ou un whatsapp desde hoxe e ata o venres 23 de setembro, indicando o nome do neno/a, curso, actividade/s á que se quere apuntar e horario que máis lle interesa dos ofrecidos (no caso de tenis, patinaxe e laboratorio de arte).
Correo electrónico: anpa.centieiras@gmail.com
Whastapp: 623009449
Ningún comentario:
Publicar un comentario