Hoxe foi un día intenso para as nosas nenas e nenos. As notas, o comezo das vacacións, as despedidas, e como non, un pequeno agasallo que deixaron o Apalpador e o Papá Noel que, por segundo ano, e por causa da pandemia, tiveron que vir de noite, cando o cole está pechado, para non provocar aglomeracións e xuntanzas que poideran ser perigosas. Pero iso si, coma o ano pasado, deixáronnos un vídeo para que as pequenas e pequenos puidesen ver a súa chegada a Centieiras.
Desta volta trouxeron un boli-lanterna e uns doces de Nadal. Deixámosvos unhas fotiños e un enlace para que poidades ver o vídeo.
Vémonos á volta!
Pincha aquí para ver o vídeo da chegada de Papá Noel e do Apalpador.
Ningún comentario:
Publicar un comentario