xoves, xaneiro 07, 2021

ESTREAMOS ANO E COMEDOR ESCOLAR

Á Xunta Directiva da ANPA comprácenos enormemente poder anunciar que este venres, 8 de xaneiro, coa estrea do novo ano 2021 estreamos tamén o novo comedor escolar de Centieiras. O proceso foi longo e custoso, e atopou múltiples obstáculos no camiño, pero finalmente chegou.

O novo espazo ten capacidade para máis de 50 comensais cando non haxa pandemias nin necesidade de gardar as distancias interpersoais ás que obrigan os protocolos actuais; e nestes momentos, pode acoller a 18 persoas sen mamparas e ata 27 con mamparas, que xa foron adquiridas pola ANPA, ao igual que as mesas e cadeiras. Conta con nova cociña, baño, armario de almacenaxe e chan de tarima flotante.

Queremos expresar o noso agradecemento ao Concello de Fene, quen finalmente asumiu en solitario a realización da obra, e á dirección e Consello Escolar do centro, que acordaron ceder o espazo da biblioteca desde o mes de outubro para que puidésemos manter os servizos de madrugadores e comedor, tan necesarios para a conciliación da vida familiar e laboral de moitas familias. Tamén agracecer o traballo de todas as persoas que cederon unha boa parte do seu tempo para acadar que isto fose posible, e o apoio das familias.

Agora toca darlle o mellor uso e gozalo moito!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario