SOLICITADAS AS SUBVENCIÓNS PARA O MANTEMENTO DO COMEDOR E DE MADRUGADORES
Informámosvos que nestes días presentamos as solicitudes e a
documentación correspondente para optar a dúas subvencións convocadas
polo Concello de Fene. A primeira é unha nominativa de 2000 euros coa
que compensamos as perdas do servizo de comedor, permitídonos
así manter prezos reducidos e descontos para usuarios fixos e irmáns. A
segunda é unha subvención de concorrencia competitivia con outras
asociacións do municipio, coa que nos soen conceder unha cantidade
variable que utilizamos para sufragar perdas do servizo
de madrugadores e gastos de conmemoracións coma o Magosto ou a Festa da
Convivencia.
Agardamos nos concedan as dúas e vos informaremos do que suceda.
GRACIAS
ResponderEliminar