xoves, febreiro 28, 2019

QUE RICOS OS FREIXÓS!

      Gracias ás mamás e ás avoas por estar sempre dispostas a colaborar, neste caso para facer uns ricos freixós.




venres, febreiro 22, 2019

MANDADOS DA BRUXA ENCARNACIÓN. 1º MANDADO

    Chega o Entroido e con el os mandados da bruxa Encarnación.
    1º MANDADO: O LUNS traerás algo no pescozo que non sexa un colar.



luns, febreiro 18, 2019

COMUNICADO ANPA

      Estimados socios e socias:

      Dous establecementos comerciais de Fene ofrecen descontos dun 10% nas súas tarifas aos membros da ANPA Centieiras: a Librería Contos e o Centro Médico Carmen Carballo; este último en todas as súas especialidades, destacando o servizo de ortodoncia, psicoloxía infantil e dietética e nutrición infantil. Para beneficiarvos deste desconto deberedes solicitar un certificado de socio/a na ANPA, ben presencialmente (todos os días de 9 a 9.30 e os martes de 16 a 17) ou por correo electrónico (anpa.centieiras@gmail.com).

      Por outra banda, dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Fene están a organizar unha nova sesión do obradoiro "Prevención de adición ás TIC´s: Desenrédate", e nos solicitan que os pais/nais interesados en participar propoñan, ao longo desta semana, as datas e horas nos que terían mellor dispoñibilidade.

      Pregamos respostedes a este correo para confirmar que os contactos son correctos.

      Un saúdo,


      A directiva.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS