NOTA DE PRENSA
 “ESPAZO DE
FAMILIAS”
O concello de Fene dende a Área de Benestar Social e
Igualdade, que dirixe o concelleiro Joaquín Ayala Garrido, leva a cabo  o proxecto “De peques a maiores: compartindo
espazos”, no que se enmarcan os programa de ESPAZOS COMPARTIDOS e SUMA E SEGUE,
subvencionado pola Deputación da Coruña. 
A vindeira semana realizaranse Grupos de Familias en
ambos programas. 
- Para o grupo de Espazos Compartidos (familias con fillas/os en educación primaria)
As próximas sesións coas familias
terán lugar en cada un dos centros escolares que están funcionando os grupos de
nenos/as porque faranse conxuntamente cos nenos/as e as súas familias.  
- No grupo de Suma e Segue (familias con fillas/os en educación secundaria) realizarase a sesión no centro municipal de servizos sociais.
 O tema que se
tratará leva por  título "Como son? Como me ven?"; e se abordará o
autoconcepto, a autoestima e a construcción da propia identidade. Deste xeito,
a través de diferentes xogos e dinámicas, falaremos coas familias e os seus
fillos/as sobre a influencia das etiquetas, como nos inflúe o que as demais
persoas opinen de nós, de qué maneira nos fai sentir e como podemos aprender a
querernos a nós mesmos/as axustándonos á nosa realidade e respectando ás demais
persoas.
 Os grupos,  as datas e horarios de reunión son as
seguintes:
| 
ESPAZOS
  COMPARTIDOS 
(familias
  e fillos e fillas de primaria) | 
SUMA
  E SEGUE 
(familias
  e fillos e fillas de secundaria) | 
| 
CPI OS CASAIS mércores 24 de febreiro de 17:30 a
  19:00 h. 
CPI XUNQUEIRA xoves 25 de febreiro de 16:00 a 17:30
  h. 
CEIP CENTIEIRAS luns 29 de febreiro de 16:00 a
  17:30 h. | 
CENTRO
  MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS o xoves
  25 de febreiro,  de 17:45 a 19:15 h. | 
A finalidade destas sesións é aportar novas ferramentas e
recursos educativos ás familias interesadas en ampliar os seus propios
coñecementos, compartir experiencias e favorecer así o apoio que poden aportar
as súas fillas e fillos ou netos/as.
  Actividades gratuítas e abertas a toda a poboación. 
A coordinadora deste programa é a pedagoga municipal, Mª
José Paz Rodríguez.
As/os profesionais que desenvolverán a actividade pertencen
á empresa Atalaia.social. SLNE
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO 
MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607 - Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal
Ningún comentario:
Publicar un comentario