mércores, decembro 21, 2016

FELICES FESTAS!

      Desde o cole desexámosvos que teñades unhas Felices Festas!


Gracias pola visita de Papá Noel



CONFECCIONANDO O TELÓN!

      Despois de moitas horas de traballo intenso, algunha risa e case algunha bágoa, por fin chegamos ao día co telón montado para as actuacións de Nadal.


venres, decembro 02, 2016

      Desde a dirección do centro pásannos esta información para toda persoa interesada en participar na enquisa que se vos mostra a continuación:



NOVA VISITA DO CLUB DE LECTURA A RADIO FENE

      Parte dos asistentes ao club de lectura de Centieiras pasaron a semana pasada pola radio do concello. O libro do que se falou foi "La Guerra no tiene rostro de mujer", de Svetlana Aleksievich.
     No seguinte enlace podedes ver a nova e escoitar o programa.

luns, novembro 21, 2016

OS INDIANOS DE CENTIEIRAS

      O venres o alumnado e as familias que así o quixeron caracterizáronse para recrear o pasado indiano, e aquí vos deixamos unha pequena mostra.




xoves, novembro 10, 2016

NO ANPA PREPARANDO CASTAÑAS PARA O MAGOSTO

      Quentado motores para o magosto, aquí no local do ANPA picando uns cantos kilos de castañas para degustar mañá.


Parte da directiva da ANPA picando os 30 kg. de castañas que houbo que mercar a maiores.

mércores, novembro 09, 2016

MOZART (1756-1791)

      E seguindo coa música que nos acompañan para entrar no cole continuamos con Mozart.

Mozart (1756-1791) "A raíña da noite". A frauta máxica.

xoves, novembro 03, 2016

O CLUB DE LECTURA EN RADIO FENE

      Onte unha parte dos e das participante do club de lectura fixeron a súa reunión quincenal na radio do concello. Alí compartiron as distintas impresións e opinións sobre o libro lido nestas primeiras semanas. Esperamos que isto vos anime a participar cando queirades.

xoves, outubro 27, 2016

luns, outubro 24, 2016

AVISO MADRUGADORES E COMEDOR!

      Comunicámosvos que o mércores 26 non haberá madrugadores nin comedor debido á folga de estudiantes convocada para ese mesmo día como protesta ás reválidas.

venres, outubro 21, 2016

O CLUB DE LECTURA

      O club de lectura na radio. Deixámosvos un enlace para que poidades ler a nova...e vos animedes a ler con nós.

xoves, outubro 20, 2016

CIRCULARES INFORMATIVAS ENVIADAS O 20/10/2016

      Deixámosvos a continuación os enlaces coas circulares que se mandan hoxe polos nenos e nenas sobre charlas informativas organizadas polo Concello.

TRABALLANDO NO HORTO!

      As nenas e os nenos de educación infantil e de 1º de primaria estiveron a traballar no pequeno horto do cole. Deixámosvos unhas fotiños para que vexades que ben o pasan.

Plantaron verza galega e repolos, para que coma o coelliño.

martes, outubro 18, 2016

DESCUBRO COMO APRENDO

      Hoxe, martes día 18, comeza no cole en horario de 16:00-17:00 a actividade "DESCUBRO COMO APRENDO. Educación Primaria", que se leva a cabo dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Fene dentro do programa De Peques a Maiores, Compartindo Espazos. Será na biblioteca no centro e as sesións levaranse a cabo xunto coas familias.


martes, outubro 11, 2016

MÚSICA PARA EMPEZAR O DÍA

Nota de prensa no Diario de Ferrol do día 11/10/2016


     E continuamos con:

Ludwig van Beethoven


luns, outubro 10, 2016

ASEMBLEA XERAL DA ANPA



      A Anpa do C.E.I.P. Centieiras convoca aos seus socios e socias á Asemblea Xeral que terá 
lugar o martes 25/10/2015 ás 16:00 horas en 1ª convocatoria e ás 16:15 horas en 2ª convocatoria,
na biblioteca, coa seguinte orde do día:



-          Lectura e aprobación da acta anterior

-          Estado de contas do curso 2016/2017

-          Renovación dos cargos da Xunta Directiva

-          Informacións varias

-          Rogos e preguntas



      A directiva



      Fene, a 10 de outubro de 2016

COMUNICADOS DA FEDERACIÓN DE ANPAS

      Deixámosvos o enlace aos comunicados remitidos pola Xunta Directiva Federación Prov. de ANPAS de Centros Públicos da Coruña, en relación coa folga de estudiantes convocada para o 26 de outubro como protesta ás reválidas.


       Ademáis no tabolerio podedes ver o cartaz da convocatoria.

xoves, outubro 06, 2016

PRIMEIRA SESIÓN DO CLUBE DE LECTURA

      Onte foi a primeira xuntanza do clube de lectura, na que coma sempre pasamos un rato agradable compartindo impresións sobre a lectura escollida para comezar neste curso. A próxima sesión será o mércores 19 de outubro, na que continuaremos a falar sobre o libro Son noxento, de María Xosé Queizán. As portas están abertas para todo o mundo!




Recorte de prensa do venres 07/10/2016 no Diario de Ferrol

martes, outubro 04, 2016

PRIMEIRO DÍA EN ROBÓTICA

      Deixámosvos por aquí unhas fotos do primeiro día en Robótica. Ademáis de desenvolver a actividade fixeron unha presentación para as nais e os pais con vídeos onde se amosaba no que traballaron o ano pasado e presentaron novos contidos, como a impresión 3D. Se alguén estivese interesado nestas novidades debe pasar pola anpa.


luns, setembro 26, 2016

CLUBE DE LECTURA

      A primeira semana de outubro comeza O Clube de Lectura para adultos. Será, ao igual que o ano pasado os mércores de 17.30 a 19.00 na biblioteca do cole. A primeira lectura será da escritora María Xosé Queizán, o libro Son noxento.



      Agardámosvos o mércores día 5 de outubro! 

venres, setembro 23, 2016

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES XESTIONADAS POLA ANPA





ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES XESTIONADAS POLA ANPA

A continuación relacionamos as actividades que a Anpa xestionará no curso 2016-2017, quedarán cos horarios do curso anterior e comezarán en outubro, sempre que se acade o mínimo necesario para facer grupo:
1.     Pintura – (Mércores - 16:00-17:00 h. – quenda cuberta; 17:00-18:00 h.)
2.     Intelixencias múltiples – (Mércores 16:00-17:30 h.) (Pendente de acadar o mínimo necesario)
3.     Teatro – (Martes 16:00-17:00 h.)
4.     Robótica – (Luns 16:00-17:30 h.)
5.   Método Nenoos – (O DÍA 27 HABERÁ UNHA PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE) (Pendente de acadar o mínimo necesario)
O que estea interesado nalgunha das actividades expostas, e aínda non se anotara, que cumprimente os seguintes datos por orde de preferencia.

Ademáis desde Espacio Vivo ofértannos as seguntes novedades: A MÁQUINA DO TEMPO, NOVAS TECNOLOXÍAS, PEQUE CHEFS e LEOTECA "LEÓN DORMIDO". Podedes visitar a súa WEB Espacio Vivo, onde se explica no que consiste cada unha delas.

Fene, 12 de setembro de 2016

A Directiva
.........................................................................................................................................................
Nome e apelidos dos interesados/as e actividade de interese:


NOME E APELIDOS
ACTIVIDADE









Recortar pola liña de puntos e entregar antes do 29 de setembro na anpa ou por correo electrónico: anpacentieiras@hotmail.com