sábado, decembro 14, 2019

NADAL 2019

8-01-2020: Xa temos os calendarios encargados na ANPA. Podedes recoller as encargas no horario da ANPA.

---------------------------------------------------------------------------

Lembrade!! Mañá a ANPA estrea este curso a venda de calendarios de sobremesa do cole por 2,50 € cada un. 



Hoxe tivemos unha visita moi esperada e moi emotiva... Papá Noel coa sua axudante.

 

Deixámosvos algunhas fotos. O alumnado pasouno... Xenial!!!



 

E o profesorado, as nais e pais do alumnado!! En fin... unha xornada moi emotiva...

 
.............................................................................................................................

LEMBRADE!! O xoves 19 visítanos Papá Noel... 

Na visita de Papá Noel as familias agardarán na entrada do centro ata que chamen por cada curso. Haberá unha persoa para fotografar a cada alumna/o de xeito individual.

 

------------------------------------------------------------------------------------------------

Con toda a ilusión do mundo, a ANPA estrea este curso a venda de calendarios de sobremesa do cole por 2,50 € cada un.

Estarán á venda o venres 20 durante a función de Nadal no Casino de Perlio. Se alguén quedara sen el faremos unha nova remesa baixo pedido.

_________________________________________________________________________________

Que ben quedaron as postais de Nadal!!!Moitas grazas ao alumnado!!!

NORABOA Á GAÑADORA: Rosalía, de 5º E.P

VISITAS DE NADAL


O cole prepárase para unha semana cargadiña de visitas das que máis gustan aos nosos peques!!
O luns 16 chega directamente dende Os Ancares o Apalpador, grazas á axuda do Concello de Fene que lle indica o camiño. E o xoves 19, desde as lonxanas terras nórdicas, e guiado pola ANPA, o Papá Noel terá tempo para facer unha parada en Centieiras para escoitar as peticións de todo o alumnado. 

Luns 16..... visitounos O APALPADOR...

 



Xoves 19: E chegou o día



Non o perdades....