luns, setembro 23, 2019

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES


Boas tardes a todas/-os,

Despois de consultar as solicitudes de actividades extraescolares o cadro de actividades que resulta é o seguinte:

*A actividade de E-Makers modificouse a unha hora, de 16:00-17:00 hora.

As actividades de: TEATRO - ÁBACO - DI STUDIO - XADREZ e INGLÉS non acadaron o mínimo necesario. Se alguén está interesado/-a en calquera das actividades resultantes pode comunicalo ata as 09:30 horas do mércores   25/09/2019 á ANPA por correo electrónico (anpa.centieiras@gmail.com). 

Un saúdo
A Directiva

mércores, setembro 18, 2019

RESUMO DA ASEMBLEA ORDINARIA DA ANPA

 Unha pouca de info!!
Como sabedes, este martes 17 de setembtro celebrouse a Asemblea Ordinaria da ANPA, na que se debatiron varios asuntos e se tomaron os seguintes acordos:



- Nova Presidencia: Laura Rey Rico

- Nova Xunta Directiva:



Vicepresidenta: Mª Carmen Caballero Nogales

Secretaria: Ledicia Trillo González

Tesoureira: Sonia Rodríguez Antón

Vogal: Juan José Teijeiro Couce

Vogal: Paula De Santiago Fernández




Esta Xunta Directiva está aberta á incorporación de novos membros en calquera momento do curso. A cooperación é a que cada un poida: dende casa, un día ó mes,... toda axuda é benvida. Animádevos!!



- Actualización e modificación dos Estatutos (engadirase enlace na pestana de socio o proximamente)


- Actualización e modificación dos prezos de comedor e madrugadores (ditas modificacións están na pestana de comedor)

sábado, setembro 07, 2019

BENVIDOS A SETEMBRO



Comenzamos un novo curso este mércores, 11 de setembro, coas pilas ben cargadas.

Lembrade que o servizo de madrugadores e de comedor vai a estar operativo desde o primeiro día.

Este curso, como novidade, o horario do servizo de madrugadores ampliase sendo a partir das 7:45 horas a 9:00 horas e o servizo de comedor seguirá sendo de 14 horas a 16 horas como máximo.

Si queredes facer uso destes servizo podedes avisar desde agora á ANPA por correo electrónico (anpa.centieiras@gmail.com) ou de xeito presencial no local sendo o horario os días lectivos de 9 a 9:30 horas e os martes de 16 a 17 horas.


RECORDADE tamén que as actividades extraescolares comenzan en outubro, pasaremosvos a enquisa sobre as novas actividades e as actuais nestes primeiros días, e agardamos que sexan do voso interese.

ANIMO E BENVID@S!!!!

domingo, setembro 01, 2019

ASEMBLEA XERAL 17-09-2019



A ANPA do C.E.I.P. Plurilingüe Centieiras convoca aos seus socios/as á Asemblea Xeral que terá lugar o martes 17/09/2019 ás 17:15 horas en 1ª convocatoria e ás 17:30 horas en 2ª convocatoria, na aula celga do centro, coa seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  2. Estado de contas do curso 2018/19.
  3. Proposta e aprobación, se procede, de renovación da Presidencia e outros cargos da Xunta Directiva.
  4. Proposta e aprobación, se procede, de cambios nos prezos dos servizos de comedor e madrugadores.
  5. Proposta e aprobación, se procede, de modificación e actualización dos Estados da Asociación.
  6.  Rogos e preguntas.