sábado, decembro 14, 2019

NADAL 2019

8-01-2020: Xa temos os calendarios encargados na ANPA. Podedes recoller as encargas no horario da ANPA.

---------------------------------------------------------------------------

Lembrade!! Mañá a ANPA estrea este curso a venda de calendarios de sobremesa do cole por 2,50 € cada un. 



Hoxe tivemos unha visita moi esperada e moi emotiva... Papá Noel coa sua axudante.

 

Deixámosvos algunhas fotos. O alumnado pasouno... Xenial!!!



 

E o profesorado, as nais e pais do alumnado!! En fin... unha xornada moi emotiva...

 
.............................................................................................................................

LEMBRADE!! O xoves 19 visítanos Papá Noel... 

Na visita de Papá Noel as familias agardarán na entrada do centro ata que chamen por cada curso. Haberá unha persoa para fotografar a cada alumna/o de xeito individual.

 

------------------------------------------------------------------------------------------------

Con toda a ilusión do mundo, a ANPA estrea este curso a venda de calendarios de sobremesa do cole por 2,50 € cada un.

Estarán á venda o venres 20 durante a función de Nadal no Casino de Perlio. Se alguén quedara sen el faremos unha nova remesa baixo pedido.

_________________________________________________________________________________

Que ben quedaron as postais de Nadal!!!Moitas grazas ao alumnado!!!

NORABOA Á GAÑADORA: Rosalía, de 5º E.P

VISITAS DE NADAL


O cole prepárase para unha semana cargadiña de visitas das que máis gustan aos nosos peques!!
O luns 16 chega directamente dende Os Ancares o Apalpador, grazas á axuda do Concello de Fene que lle indica o camiño. E o xoves 19, desde as lonxanas terras nórdicas, e guiado pola ANPA, o Papá Noel terá tempo para facer unha parada en Centieiras para escoitar as peticións de todo o alumnado. 

Luns 16..... visitounos O APALPADOR...

 



Xoves 19: E chegou o día



Non o perdades....

 

 

 

xoves, novembro 21, 2019

luns, novembro 04, 2019

CO OUTONO... O MAGOSTO

A CABAZA A REPARTERON ENTRE OS NEN@S DE E.I E PRIMEIRO CICLO DE E.P. E ELES AS CONVERTIRON EN BISCOITOS, GALLETAS, BUÑUELOS....



CHEGOU O DÍA E FOI MOI DIVERTIDO E FAMILIAR!!!

A cabaza pesaba 31,900 quilos!!!!

  
Foron varios nenos os que acertaron: Roque 5ºEI, Martín 6ºEI, Miguel 4ºEP, Raul 4ºEP e Noelia 5ºEP



A Castaña máis pesada foi de 34 gramos e tróuxoa Nuno 5ºEP
 

AS CASTAÑAS VIÑERON COA LOCOMOTORA:

 



Tivemos chocolate!!!!          

 

E peóns!!!!

 

E a nosa habitual Foliada:




Hoxe pais e nais do alumnado de Centieiras foron picar castañas para o Magosto de mañá no cole.  

GRAZAS A TOD@S POLA VOSA AXUDA




O noso cole estase a preparar para a Festa do Magosto que terá lugar o vindeiro venres 8 de novembro. Teremos concursos ("A castaña máis pesada" e "Canto pesa a cabaza?"), castañas asadas, música cos artistas da casa,...

  • O primeiro.... fagan apostas!!! 

Canto pesa a xigantesca cabaza que temos na entrada do cole????




mércores, outubro 30, 2019

E CHEGOU O SAMAÍN...

@s nen@s tiveron un terrorífico día....

 

  •  PINTACARAS

  • COCIÑA

  • AULA DO TERROR

  • E MOITAS COUSAS MÁIS


domingo, outubro 13, 2019

martes, outubro 08, 2019

CENTIEIRAS NO CAMIÑO ...





No cole están a traballar sobre o proxecto que nos levará durante todo o curso a descubrir, investigar e aprender sobre o Camiño de Santiago.

Centi xa sinte o camiño no cole...









luns, outubro 07, 2019

SOLICITUD DE SUBVENCIÓNS DO COMEDOR-MADRUGADORES FEITAS!!

SOLICITADAS AS SUBVENCIÓNS PARA O MANTEMENTO DO COMEDOR E DE MADRUGADORES

Informámosvos que nestes días presentamos as solicitudes e a documentación correspondente para optar a dúas subvencións convocadas polo Concello de Fene. A primeira é unha nominativa de 2000 euros coa que compensamos as perdas do servizo de comedor, permitídonos así manter prezos reducidos e descontos para usuarios fixos e irmáns. A segunda é unha subvención de concorrencia competitivia con outras asociacións do municipio, coa que nos soen conceder unha cantidade variable que utilizamos para sufragar perdas do servizo de madrugadores e gastos de conmemoracións coma o Magosto ou a Festa da Convivencia.
Agardamos nos concedan as dúas e vos informaremos do que suceda.

luns, setembro 23, 2019

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES


Boas tardes a todas/-os,

Despois de consultar as solicitudes de actividades extraescolares o cadro de actividades que resulta é o seguinte:

*A actividade de E-Makers modificouse a unha hora, de 16:00-17:00 hora.

As actividades de: TEATRO - ÁBACO - DI STUDIO - XADREZ e INGLÉS non acadaron o mínimo necesario. Se alguén está interesado/-a en calquera das actividades resultantes pode comunicalo ata as 09:30 horas do mércores   25/09/2019 á ANPA por correo electrónico (anpa.centieiras@gmail.com). 

Un saúdo
A Directiva

mércores, setembro 18, 2019

RESUMO DA ASEMBLEA ORDINARIA DA ANPA

 Unha pouca de info!!
Como sabedes, este martes 17 de setembtro celebrouse a Asemblea Ordinaria da ANPA, na que se debatiron varios asuntos e se tomaron os seguintes acordos:



- Nova Presidencia: Laura Rey Rico

- Nova Xunta Directiva:



Vicepresidenta: Mª Carmen Caballero Nogales

Secretaria: Ledicia Trillo González

Tesoureira: Sonia Rodríguez Antón

Vogal: Juan José Teijeiro Couce

Vogal: Paula De Santiago Fernández




Esta Xunta Directiva está aberta á incorporación de novos membros en calquera momento do curso. A cooperación é a que cada un poida: dende casa, un día ó mes,... toda axuda é benvida. Animádevos!!



- Actualización e modificación dos Estatutos (engadirase enlace na pestana de socio o proximamente)


- Actualización e modificación dos prezos de comedor e madrugadores (ditas modificacións están na pestana de comedor)

sábado, setembro 07, 2019

BENVIDOS A SETEMBRO



Comenzamos un novo curso este mércores, 11 de setembro, coas pilas ben cargadas.

Lembrade que o servizo de madrugadores e de comedor vai a estar operativo desde o primeiro día.

Este curso, como novidade, o horario do servizo de madrugadores ampliase sendo a partir das 7:45 horas a 9:00 horas e o servizo de comedor seguirá sendo de 14 horas a 16 horas como máximo.

Si queredes facer uso destes servizo podedes avisar desde agora á ANPA por correo electrónico (anpa.centieiras@gmail.com) ou de xeito presencial no local sendo o horario os días lectivos de 9 a 9:30 horas e os martes de 16 a 17 horas.


RECORDADE tamén que as actividades extraescolares comenzan en outubro, pasaremosvos a enquisa sobre as novas actividades e as actuais nestes primeiros días, e agardamos que sexan do voso interese.

ANIMO E BENVID@S!!!!

domingo, setembro 01, 2019

ASEMBLEA XERAL 17-09-2019



A ANPA do C.E.I.P. Plurilingüe Centieiras convoca aos seus socios/as á Asemblea Xeral que terá lugar o martes 17/09/2019 ás 17:15 horas en 1ª convocatoria e ás 17:30 horas en 2ª convocatoria, na aula celga do centro, coa seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  2. Estado de contas do curso 2018/19.
  3. Proposta e aprobación, se procede, de renovación da Presidencia e outros cargos da Xunta Directiva.
  4. Proposta e aprobación, se procede, de cambios nos prezos dos servizos de comedor e madrugadores.
  5. Proposta e aprobación, se procede, de modificación e actualización dos Estados da Asociación.
  6.  Rogos e preguntas.



venres, xuño 21, 2019

FESTA DA CONVIVENCIA 2019

      Outro ano máis toca despedir o curso coa nosa 'Festa da convivencia'. Só esperar que o pasásedes moi ben e desexarvos un FELIZ VERÁN!!
    



Tamén agradecer a todos os establecementos do concello que colaboraron coa anpa: Pan Perlío, Escola de Música Bellón Maceiras, Imprenta San Esteban, Multiprecios Perla, Librería Contos, Regalos Artabria, Eroski e Estrella Galicia.

xoves, maio 30, 2019

A ASOMBROSA BANDA ANIMADA

      Aquí tedes unhas fotos da representación da obra "A asombrosa banda animada" feita polos asistentes á actividade de teatro do cole.







luns, maio 27, 2019

EXPOSICIÓN DE PINTURA E E-MAKERS

      Xa podedes visitar as exposicións permanentes de pintura, impartida por Leandro Lamas, e de e-makers, a cargo de Espacio Vivo. Do luns 27 ao venres 31, durante o horario de apertura do cole.





mércores, maio 22, 2019

SEMANA DAS ACTIVIDADES

A SEMANA DAS ACTIVIDADES
DO 27 AO 31 DE MAIO

       Ao finalizar o mes de maio rematamos o curso de actividades extraescolares xestionadas pola ANPA, polo que desde a directiva queremos convidarvos a coñecer os traballos realizados polo alumnado. Na “Semana das actividades”, desde o luns 27 ao venres 31 de maio, estarán expostos no centro os traballos de Pintura e os de E-Makers e Mini-Makers, que poderedes visitar en calquera momento durante o horario de apertura do colexio. E o martes 28, ás 16.30 h, o alumnado de teatro interpretará a obra “A asombrosa banda animada” no patio cuberto da entrada.

       Contamos coa vosa presenza.
       Moitas grazas.

xoves, marzo 07, 2019

AS CIENTÍFICAS DE CENTIEIRAS NO ENTROIDO DE FENE

      Nin a choiva nin o frío evitaron que as científicas do cole estivesen no entroido do concello de Fene. Grazas a todos e a todas pola vosa participación!


 

venres, marzo 01, 2019

O ENTROIDO DE CENTIEIRAS

      Chegou o Entroido a Centieiras!...e este ano adicámosllo a todas as mulleres científicas.


xoves, febreiro 28, 2019

QUE RICOS OS FREIXÓS!

      Gracias ás mamás e ás avoas por estar sempre dispostas a colaborar, neste caso para facer uns ricos freixós.